Chaim Weizmann
Chaim Azriel Weizmann (hebreo: חיים עזריאל ויצמן Hayyim Azri'el Vaytsman, ruso: Хаим Вейцман Khaim Veytsman), nado o 27 de novembro de 1874 e finado o 9 de novembro de 1952, foi un líder sionista e home de estado de Israel que exerceu como presidente da Organización Sionista e máis adiante como primeiro presidente de Israel.
Comezou o seu mandato o 16 de febreiro de 1949 e permaneceu no cargo ata a súa morte en 1952. Foi Weizmann quen convenceu ao goberno dos Estados Unidos de América para que recoñeceran o novo Estado de Israel.
Weizmann tamén desenvolveu no campo da bioquímica o proceso da fermentación acetona-butanol-etanol, que produce a acetona a través da fermentación bacteriolóxica. O seu método de produción da acetona foi de grande importancia na produción de propelente do explosivo de cordita para a industria de guerra británica durante a primeira guerra mundial.[1] Fundou o Instituto Weizmann de Ciencias en Rehovot e foi unha das figuras clave na creación da Universidade Hebrea de Xerusalén.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chaim Weizmann |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wilkins, Mark R.; Atiye, Hasan (2012). "Fermentation". En Nurhan Turgut Dunford. Food and Industrial Bioproducts and Bioprocessing. Wiley. p. 195. ISBN 9781119946052.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Cargo inexistente |
Presidente de Israel 1948 - 1952 |
Sucesor: Itzhak Ben-Zvi |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |